Arquitectura

O patrimonio arquitectónico do concello de Teo conta con gran cantidade de agrupacións de vivendas con arquitectura tradicional, rodeadas de construcións que llen dan servizo, como hórreos, pombais ou alpendres.

Ademáis, moitas das construcións de uso comunitario como fontes, lavadoiros, muíños ou pontes aínda manteñen o seu uso orixinal.

Por outra banda, en Teo tamén existe un gran número de elementos arquitectónicos pertencentes ao patrimonio de orixe relixiosa, como igrexas, cruceiros ou petos de ánimas.