Pontes

A ponte de Pontevea -declarada BIC en febreiro 2017- constitúe un dos grandes referentes patrimoniais e históricos dos Concellos de Teo e A Estrada. Durante centos de anos foi a única vía de acceso a Compostela dende as terras do val do Vea e onde confluían os antigos camiños reais.

Está situada na parroquia de Reis, sobre o río Ulla, marcando o límite entre as provincias de Pontevedra e A Coruña. Chegase ata ela, collendo a estrada autonómica entre A Estrada e Santiago de Compostela.

Ponte medieval de Pontevea

As súas características arquitectónicas revelan unha construcción románica – oxival, con seis arcos de sillaría, tres semicirculares e outros tres lixeiramente apuntados, apoiados en cinco grandes piares, con tallamares  triangulares augas arriba e trapezoidales augas abaixo chegando ata o beiril. Unha ponte en pendente dende o piar central e cunha lixeira curva na planta coincidente con este piar. Non coñecemos con exactitude a data da ponte actual, aínda que os historiadores sitúan a súa construcción en torno ós séculos XIV – XV, substituíndo ou modificando unha anterior, posiblemete romana, relacionada coa vía XIX di Itinerario Antonino, que comunicaba Braga con Lugo e atravesa a “Pons Vellegia” (Pontevea) procedente de “Aquis Celenis” (Cuntis).

Tamén é destacable, a coñecida como ponte romana da Paradela, en Francos, na parroquia de San Xoán de Calo. Construída no medievo esta ponte é coñecida por estar localizada no camiño que levaba de Iria Flavia ata Santiago. Hoxe en día é un bonito lugar para gozar da natureza.