Hórreos

Na actualidade o conxunto de hórreos de interese é moi amplo, e a meirande parte deles está en bo estado e conservan o seu uso. Están identificados actualmente un total de 91.

Algúns destes hórreos, clasificados segundo a tipoloxía á que pertencen son:

Tipoloxía do pino

  • Hórreo de Caramés, Lucí
  • Hórreos en Eo dos Menecos, Oza
  • Hórreo da reitoral de Luou, Luou
  • Hórreos de Caxade, Luou

Tipoloxía común ou fisterra

  • Hórreo de Gondelle, Oza
  • Hórreo de Santa María de Teo, Teo
  • Hórreo de O Casal, Rarís