Pombais, lavadoiros e fontes

Burga de Xermeade

O valor destes elementos radica na súa distribución espacial como elementos repetitivos no territorio, que configuran a súa identidade e que se vinculan coas súas características sociolóxicas e etnográficas. Actualmente están catalógados 38 elementos.

Algunhas das fontes de lavadoiros máis salientables son:

  • A Burga de Xermeade, Reis
  • A Burga da Laña, Oza
  • Fonte de Santa Margarida en Loureiro, Luou
  • Fonte e Lavadoiro do Santuario da Nosa Señora das Cabezas, Cacheiras
  • Fonte de Pontevea, Reis
  • Fonte de Agrela, Lampai Fonte e lavadoiro da Florida
  • Fonte das Barreiras, Calo
  • Fonte e lavadoiro da Florida, Rarís
  • Fonte e lavadoiro de Noceda, Teo
  • Fonte e lavadoiro de Requián, Cacheiras

Cabe salientar a singularidade da burga de Pontevea, que está situada nas proximidades da ponte nova que cruza o Ulla, na parroquia de Reis. Consiste nunha fonte cun cano que vai a un estanque circular. Os veciños contan que un cura do lugar, coñecedor das propiedades das augas, mandou construír unha casa de baños (hoxe en ruínas), e xunto a ela unha fonte e unha piscina para que os pobres se puideran beneficiar delas.

Nesa época a fonte era de uso público pero coa morte do crego unha familia da zona fíxose cargo dela pretendendo privatizala. O pobo presentou un preito pola propiedade do manancial e gañouno. A instalación da liña do oleoduto Vigo – A Coruña, a escasamente 20 metros, cortou a veta que abastecía de auga á fonte. As presións dos veciños tiveron como resultado que se levaran a cabo as labores precisas para a súa restitución.

As augas desta fonte termal son sulfuradas -cloruradas sódicas-, xorden cunha temperatura de 15ºC e utilízanse basicamente nas afecciones reumáticas, da pel, doenzas dos ollos, e como bebida para as do fígado. Presenta un caudal moderado.

Entre os pombaos que se poden atopar no concello, cabe salientar:

  • Pombal de Villaverde, Calo
  • Pombal da Igrexa, Luou
  • Pombal do Casal de Buela, Rarís
  • Pombal da Oliveira, Reis
  • Pombal de Mouromorto, Calo