Igrexas

Igrexa de San Simón de Ons en Cacheiras

Ao respecto da arquitectura relixiosa, atópanse doce igrexas parroquiais e nove ermidas e capelas cos seus adros e contornos.

Estes elementos  que case sempre se inclúen en ámbitos de espazos públicos de relación: adros, carballeiras…, converténdose ademais en elementos de grande interese etnográfico engadido.

Percorrendo o Concello de Teo, son de visita obrigada os adros parroquiais, cada un con séculos de permanencia e a súa historia particular:

Igrexa de San Xoán en Recesende
  • San Simón de Ons, de Cacheiras, co seu via crucis do século XVIII. Igrexa de San Xoán en Recesende
  • San Xoán de Calo, pertencente ó barroco, e do cal o escudo nobiliario pertence ós Condes de Altamira, señores de A Mahía.
  • San Xoán de Recesende: no seu camposanto levábase a cabo unha vella tradición, consistente en que tres mulleres, chamadas as tres Marías, facían dar voltas sobre a lápida dunha tumba ós nenos apoucados, para sacarlles o asombramento. Igrexa de Santa María en Luou
  • A igrexa de Luou, do século XIX. Esta igrexa foi trasladada a outro emprazamento xunto coa Fonte de Santa Margarida ou Santa Rita, que se conserva en óptimas condicións, e as súas augas son consideradas milagreiras ou curativas, xa que, co seu contacto, desaparecen as verrugas e outras afeccións da pel.
  • O adro de Santo Tomé de Vilariño, cunha necrópole da Idade Media.
Igrexa de Santa María en Luou

Cara ao sur atoparemos varios mosteiros medievais: San Miguel de Rarís, Reis, Teo, Bamonde, e o adro de San Cristobo de Reis, do románico medieval.

En Bamonde, a casa reitoral ocupa un lugar destacadísimo na historia de Teo e de Galicia mesma. Alí durmiu, a noite do 22 de Abril de 1846, o Xeneral La Concha, antes de iniciar, ó día seguinte, a batalla de Cacheiras.