Batalla de Cacheiras

O 23 de abril cúmprense o aniversario da máis importante batalla da Historia da Galicia contemporánea; trátase da denominada Batalla de Cacheiras (ou de Montouto, como prefiren algúns, posto que en realidade tivo lugar nas ladeiras deste monte), acontecida en 1846, entre o exército enviado polo goberno de Madrid ó mando do xeneral Concha e as forzas galegas ó mando do coronel Miguel Solís. Foron derrotadas as forzas galegas, e os seus mandos fusilados tras un xuízo sumarísimo na vila de Carral (“Os mártires de Carral”), pero detrás desta conspiración había unha intelectualidade “provincialista” que constitúe o punto de partido da reivindicación galeguista contemporánea. Para os historiadores españois foi un de tantos pronunciamentos militares do s. XIX, mentres que para algúns galegos foi un movemento independentista (‘A revolución Galega de 1846’).

RUTA DA BATALLA DE CACHEIRAS

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-da-batalla-de-cacheiras-1667573

“Vén conmemorar os acontecementos sucedidos o 23 de Abril de 1846. Unha ruta que discorre polos camiños por onde as tropas do xeneral de La Concha avanzaron para enfrontarse ó exercito sublevado liderado polo xeneral Solís. Camiños cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras no Concello de Teo.
Unha ruta lineal que comeza ó pé da reitoral de Bamonde e remata no cumio de Montouto. Foi sinalizada polo Concello que editou tamén un tríptico elaborado pola empresa Trivium que pódese descargar dende a web municipal”. Texto de Pablo Sanmartín López

Características xerais da senda

Senda apta para Senderismo, Running,  MB.
Duración: 3 horas Lonxitude: 8,79 kilómetros
Nivel de dificultade:  Baixa
Trazado:  Lineal
Senda homologada: Non
Senda sinalizada con sinais físicas,  tracks GPS
Senda con marcado valor ambiental
Senda con marcado valor cultural, histórico, etnográfico, patrimonio inmateriale e arqueolóxico.
Punto de partida (coord): Bamonde lat, Ion (WGS84) 42.783935 -8.5115089)
Punto de chegada (coord): Cumio de Montouto lat, Ion (WGS84)42.834216 -8.5418627)

Descrición do percorrido e puntos de interese

  1. Bamonde: Casa reitoral, igrexa e cruceiro de Bamonde
  2. Tribaldes: Area de descanso. Ponte de Recobio
  3. O Souto:  Eio dos menecos Arquitectura tradicional (casas coas suas leiras, horreos, alpendres e quinteiros)
  4. Vilanova: De interese as vivendas con hórreos e camiños emparrados
  5. Trasparedes
  6. Ribas: Area de descanso. Cruceiro, Igrexa e Ermida de Santa Eufemia
  7. O porto
  8. Lamelas
  9. A Devesa
  10. Raxó: Area de descanso. Santuario da Nosa Señora das Cabezas. Peto de ánimas. Cruciero de Raxó.
  11. O pombal
  12. Costa dos pinos
  13. Cumio de Montouto: Punto geodésico Alto de Montouto con 339 m de altitude

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-da-batalla-de-cacheiras-1667573

Panorama dende Montouto
Pena Escorredia
Alto de Montouto
Monumento ós mártires de Carral
Reitoral de Bamonde
Persoeiros da Batalla de Cacheiras