Natureza

A singularidade e riqueza do medio natural e da paisaxe agraria do termo municipal de Teo fan del un recurso irrepetible e diferencial.

A valoración do medio natural e da paisaxe parte do recoñecemento e protección dos ámbitos singulares que se refiren ás masas forestais autóctonas, os vales e o sistema hídrico, así como dos elementos paisaxísticos recoñecidos que conforman a fisionomía do territorio.