Cauces Fluviais

Dende o punto de vista do patrimonio natural, o máis salientable é, en función dos seus valores ecolóxicos e paisaxísticos, o sistema fluvial Ulla-Deza, integrado na Rede Galega de Espazos Protexidos. Abranguen na comarca, ademais do río Ulla, os cursos baixos dos ríos Pereiro e Santa Lucía.

Pasarela Mariola no río Ulla

Á alta calidade do ecosistema fluvial do río Ulla hai que engadir a presencia de amplas e contínuas superficies forestais en contacto co río, mesmo coa presencia destacable de frondosas autóctonas (carballos, sobreiras) no interior dos extensos piñeirais.

Estes ecosistemas son soporte de diversos hábitats naturais e especies cunha conservación que é de interese comunitario.

Fervenza dos Verxeles

Os treitos do río Tella e do rego da Agra, próximos á súa confluencia nos Verxeles, estréitanse lixeiramente e, polo tanto, máis enérxicos, cun contorno que conserva a estrutura dunha serie de muíños. Este espazo constitúe un ámbito de notable interese ambiental.

Ademais deles, destacan os sistemas fluviais dos ríos Laxes, Tella, Sestelo e Rego de Chao.