Miradoiros

Miradoiro da Agrela

Situación: Lugar Agrela, Parroquia Lampai, Concello de Teo, Provincia da Coruña.
Coordenadas: Norte 42º 47´10” N –  Oeste  8º 37´ 23” W.
Altura: 410 m de altitude. É o teito natural do Concello de Teo.
Sinalización: Está sinalizado. Ten paneis explicativos. Ten panel coa escena visual.
Accesos: Por pista asfaltada. Por pista de terra accesible. Só a pé.

Descrición dos accesos

Hai dúas alternativas: unha asfaltada para os vehículos con bastante pendente, e outra de terra con pendente máis suave para subir a pé dende a capela de Santa Ana de Lampai. Os últimos 20 metros só se pode facer a pé.

Descrición das vistas

Está enclavado entre os vales do río Ulla e do río Sar. É posible contemplar dende a desembocadura do río Ulla e boa parte da ría de Arousa ata Compostela pasando polo val da Mahía, o castro Lupario, o Pico Sacro, o Monte Meda e o Monte Piquiño. Este último enclave é a zona arqueolóxica máis importante do concello a escasos dous quilómetros do miradoiro.


Miradoiro Pena Escorredía

Situación: Lugar Montouto, Parroquia Cacheiras, Concello de Teo, Provincia da Coruña. Coordenadas: Norte 42º 50´5” N –  Oeste  8º 32´ 30” W. Altura: 339 m de altitude. Sinalización:  Está sinalizado. Ten paneis explicativos. Ten panel coa escena visual. Accesos:  Por pista asfaltada. Só a pé

Descrición dos accesos

Ademáis da rúa asfaltada co mesmo nome, pódese acceder dende as pistas de terra forestais. Os últimos 10 metros só se poden facer a pé.

Vista do Pico Sacro dende a Pena Escorredía

Descrición das vistas

Dende a Pena Escorredía pódese observar unha vista panorámica que abrangue a cidade de Compostela, o val do río Santa Lucía e o val medio do Ulla e, ao fondo, unha singular vista do Pico Sacro. Neste cumio remata o roteiro da Batalla de Cacheiras,  a ruta lineal que comeza ao pé da reitoral de Bamonde e discorre polos camiños por onde as tropas do xeneral De la Concha avanzaron para enfrontarse ó exercito sublevado liderado polo xeneral Solís. Camiños cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras no Concello de Teo.  

Servizos

Conta cunha  área recreativa, papeleira e bancos onde se sentar e desfrutar das vistas.

https://goo.gl/maps/MLNTML3kght